Visitas escolares Curso 2016-17

Os grupos escolares con reserva poden desfrutar de actividades exclusivas:

prev

Proxeccións

Planetario

– PLANETARIO DIXITAL (Casaciencias)
Sesións: (xaneiro-abril) 10, 11:30, 13, 16 e 17. (Maio, xuño, setembro-decembro) 10, 11:30, 13, 16:30 e 18.
Programas:"Astronomía en directo", "Deep Sky", "Enerxía para a vida", "A nena que sabía camiñar ao revés", "O mundo de Fugaz", "A noite do vampiro", "Bacteria mutante", "Nas ás da noite", "Da Terra ao Universo".
(Máximo 79 alumnos)

– CINE 3D (Domus)
Documental: "Pequenos xigantes".
(Máximo 116 alumnos)

Investigación

Laboratorio aberto

LABORATORIO ABERTO (Domus)

Manexa os instrumentos que usan os científicos a cotío e realiza un destes talleres experimentais.

CHARLAS DIVULGATIVAS (Aquarium Finisterrae)

Científicos da Universidade da Coruña explican as súas investigacións mariñas. (Bacharelato)

Obradoiros

ExploraDomus

maker@domus (Domus)

Espazo na Domus para internarse na cultura "maker" e facer tecnoloxía coas túas propias mans.

Este curso:

circuitos@domus. Experimenta con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos, para comezar a comprender o mundo da electricidade.

robots_pintores@domus. Inventa o teu propio dispositivo a motor que se moverá das formas máis sorprendentes e debuxará os garabatos máis inesperados

ACTUALIDADE CIENTÍFICA (Aquarium Finisterrae)

Aprende a manexar, e a usar na aula, recursos online sobre cuestións científicas de actualidade e impacto social.
Desde xaneiro
(Secundaria e Bacharalato, máximo 25 alumnos)

Visitas animadas

Flying screens

FALANDO CON PEIXES (Aquarium Finisterrae)

Fala en directo cun submarinista mergullado no tanque envolvente do Nautilus. Luns, mércores e venres, ás 11:30 (Todos os niveis, máximo 50 alumnos)

ALIMENTACIÓN DE FOCAS (Aquarium Finisterrae)

As focas da piscina exterior comen dúas veces diarias: ao mediodía e a media tarde. Os monitores teñen unha conversa divulgativa cos grupos que se acheguen a velas. (Todos os niveis)

CONTACONTOS (Aquarium Finisterrae)

Historias sobre o mar, narradas polos educadores do acuario para recibir aos máis pequenos.
(Educación Infantil, máximo 50 alumnos)

Visitas guiadas

Roteiro temático

ROTEIRO TEMÁTICO (Aquarium Finisterrae)

Un educador acompaña aos alumnos nun percorrido polos diferentes espazos da Casa dos Peixes (Infantil e Primaria)

ZONA TÉCNICA (Aquarium Finisterrae)

Visitas aos laboratorios, salas de filtración e corentena. (Todos os niveis, grupos de 10-15 alumnos)

CONTACONTOS (Aquarium Finisterrae)

Historias sobre o mar, narradas polos educadores do acuario para recibir aos máis pequenos.
(Educación Infantil, máximo 50 alumnos)

Visitas multimedia

Charca de las Caricias

CHARCA DAS CARICIAS (Aquarium Finisterrae)

Vídeos e recursos dixitais para presentar curiosidades biolóxicas dos peixes e invertebrados do Aquarium. (Secundaria)

OCEANOSFERA (Aquarium Finisterrae)

Proxeccións nunha pantalla esférica para simular fenómenos naturais a escala planetaria. Este curso, minidocumentais sobre o quecemento global e a importancia da auga. (Todos os niveis)

next

E non te esquezas de participar en...
Premio Luis Freire · Día da Ciencia na Rúa



© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións