10/1/2012
O “Luis Freire” é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. Convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, busca fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas.
O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é formularse unha pregunta á que desexen dar resposta, relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo 30 de xaneiro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 9 de xuño de 2012, e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
Na XIV edición do “Luis Freire”, o primeiro premio consiste nunha viaxe a Atapuerca (con visitas ao Museo da Evolución Humana de Burgos, ás escavacións arqueolóxicas e aos talleres que levan a cabo os investigadores) e un cheque-regalo de El Corte Inglés para o profesor. A viaxe terá lugar os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2012.
O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares naceu en 1999 como unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Creado en memoria do botánico galego, premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.
Máis información: Como participar
Necesitas axuda? Consulta calquer dúbida en educacion@casaciencias.org
11/6/2011
Fallo do Xurado do XIII Premio Luis Freire
PRIMEIRO PREMIO
- Pódese empregar auga dos deshumidificadores nas baterías eléctricas? Presentado por Diego Dorribo Dacuña , Julián Fernández González, Adrián Gómez Blanco e Brais Sandín Fernández, do IES Universidade Laboral de Ourense.
Pola aplicación coherente da metodoloxía científica para resolver problemas concretos plantexados no seu entorno.
SEGUNDO PREMIO
- Pódese recuperar completamente, con calor, unha pelota de tenis de mesa abolada? Presentado por Damián Moar Botana e David Viñas Barciela, do IES David Buján de Cambre (A Coruña).
Pola súa orixinalidade, rigor do protocolo utilizado e relacionar a ciencia e o deporte.
TERCEIRO PREMIO
- Cales son as mellores condicións para hidratar legumes? Presentado por Laura Domelo Borrajo, Alvaro Dopozo Feijoo e María González Sotelo, do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia (Ourense).
Pola aplicación da ciencia á resolución de problemas da vida cotiá.
CUARTO PREMIO
- Pódese ver medrar a herba? Presentado por Adrián Balsa García, Sofía Díaz Varela, Lucas Lombardía García e Laura López López, do CPI Tino Grandío de Guntín (Lugo).
Por abordar un tema suxerente, complexo e de interese práctico.
QUINTO PREMIO
- Os nosos carballos sobrevivirán á chuvia ácida? Presentado por Esperanza Alvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón e Noemí Pena Vidal, do IES de Sar de Santiago de Compostela (A Coruña).
Por utilizar o método científico para resolver un problema de interese medioambiental.
O Xurado estivo presidido por D. Xosé Antón Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, e estivo constituído ademais por D. José Tato Ramos, profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES Monelos, D. Ramón Vilalta, profesor de Física e Química do IES Paseo das Pontes, Dna. Socorro Castro García, profesora de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, D. José Manuel Blanco, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, e D. Joaquín Suárez Baulde, membro da directiva da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, que actuou como secretario.



30 XAN 2012, 12.00 h | Fin do prazo de presentación de preguntas
10 FEB 2012 | O comité de selección dará a coñecer a lista de preguntas admitidas
10 MAI 2012 | Fin do prazo de presentación dos traballos
9 XUÑ 2012 | Presentación pública dos 5 traballos finalistas no salón de actos da Domus.
Dictame do Xurado e entrega de premios.