Se eres estudiante de ESO e queres participar no Premio Luis Freire, o primeiro paso é plantexar una pregunta á que queras dar resposta e que teña relación con feitos ou procesos da nosa contorna máis inmediata e da vida cotiá.
Para formular as súas preguntas, os participantes deberán encher un boletín de inscripción e, coa firma dun profesor, entregalo ou envialo antes das 12 horas do 30 de xaneiro de 2012 a:
Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, s/n
15005 A Coruña
Bases da XIV convocatoria
O Excmo. Concello da Coruña e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, convocan o XIV Premio Luís Freire de Investigación Científica para Escolares, en memoria do que foi gran botánico galego, premiando aqueles traballos e pequenas investigacións que se distingan pola orixinalidade e o rigor das súas formulacións e conclusións.
Para o cal se establecen as seguintes bases:
1. Finalidade
Fomentar actitudes positivas cara á ciencia, dando resposta, mediante a experimentación ou o traballo de campo, a cuestións que teñan relación con feitos ou procesos da nosa contorna máis inmediata e da vida cotiá.
2. Participantes
Alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio en Galicia, individualmente ou en grupos, como máximo de 4 alumnos.
3. Fases
A/ Os alumnos que desexen participar, individualmente ou en equipo, deberán cumprimentar o boletín de inscrición e envialo ou entregalo na Casa das Ciencias antes das 12 horas do día 30 de xaneiro de 2012. Todos os boletíns deberán estar avalados pola firma dun profesor.
Cada participante pode presentar máis dunha pregunta, utilizando unha ficha para cada unha.
B/ Un comité de selección encargarase de admitir a concurso as preguntas que serán obxecto de investigación. Esta decisión comunicarase aos participantes antes do 10 de febreiro de 2012. O comité non admitirá máis dunha pregunta por participante.
C/ Os admitidos realizarán as investigacións e traballos.
Os Museos Científicos Coruñeses poñen a disposición dos equipos que o soliciten un servizo de asesoría.
4. Presentación dos traballos
O prazo para a presentación das memorias dos traballos rematará o 10 de maio de
2012, e deberán enviarse á Casa das Ciencias.
As memorias correspondentes aos traballos, que deberán ser orixinais e inéditas, conterán a descrición das tarefas e experiencias realizadas, os datos obtidos e as hipóteses ou conclusións establecidas
5. Xurado
A valoración dos traballos realizarase por un equipo de persoas presidido polo Excmo. Sr. Alcalde da Coruña ou persoa na que delegue e composto por profesores e especialistas da área de Ciencias:
- O Director dos Museos Científicos Coruñeses
- Un representante de El Corte Inglés
- Un representante da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias
- Un profesor universitario
- Un profesor de Ensino Secundario Obrigatorio
- Un profesor de Bacharelato
Actuará como Secretario do Xurado o Secretario da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias.
6. Exposición y fallo
O comité de selección seleccionará os 5 traballos finalistas, e os autores dos mesmos realizarán a presentación pública das súas conclusións no Salón de Actos da Domus o 9 de xuño de 2012. Tras cada intervención, o Xurado poderá realizar preguntas aos participantes.
Despois da presentación dos traballos finalistas, o Xurado retirarase para deliberar e emitirá un dictame.
A continuación, o Xurado comunicará o seu dictame e se procederá á entrega de Premios.
O Xurado valorará a autenticidade das investigacións, a súa orixinalidade, o seu rigor científico, o sentido crítico, e aqueles trazos que demostren curiosidade e constancia.
7. Premios
Outorgaranse os seguintes:
- Primeiro premio: unha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural en España. Ao Profesor/a responsable, cheque-agasallo de El Corte Inglés.
- Segundo premio: un netbook a cada membro do equipo. Ao Profesor/a responsable, cheque-agasallo de El Corte Inglés.
- Terceiro premio: unha memoria externa a cada membro do equipo. Ao Profesor/a responsable, cheque-agasallo de El Corte Inglés.
- Cuarto e quinto premio: un iPod para cada membro dos equipos. Ao Profesor/a responsable, cheque-agasallo de El Corte Inglés.
8. Dictame
O dictame do Xurado será inapelable. Os premios poderanse declarar desertos.
9. Aceptación
A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.



DESCARGA
Bases e boletín de inscrición
(PDF, 368 KB)
AXUDA
Dúbidas e consultas en educacion@casaciencias.org
AVISOS
Subscríbete á lista de correo