Prismas Casa das Ciencias
á Divulgación 2011

www.mc2coruna.org/prismas/

Composición do Xurado:
Presidente: Dna Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial do Museo Nacional da Ciencia e a Técnica de Cataluña (Generalitat de Catalunya)

Compuesto ademais por:
- D. Martí Domínguez Romeu, director da Revista Mètode
- Dna. Iolanda Fernández Casal, xornalista do Correo Galego
- D. Guillermo Fernández Navarro, consultor de proxectos museísticos
- D. Javier Hidalgo Gil, responsable de Actividades de Cosmocaixa
- D. Fernando Mugarza Borque, director de comunicación do Grupo Zeltia
- D. Ignacio Zuzuarregui, director de Eureka! Zientzia Museo

D. Manuel Angel Miramontes Antas, director en funcións dos Museos Científicos Coruñeses, actuou como Secretario

RELACIÓN DE PREMIOS OUTORGADOS

* Modalidade de traballos audiovisuais
O Prisma de Bronce ao mellor traballo audiovisual destinado á divulgación científica, e o premio dotado con seis mil euros, foi outorgado ao titulado “En busca del primer europeo” de Televisión Española e Turkana Films, por recoller dunha forma rigorosa e didáctica o coñecemento actual sobre a evolución humana, resaltando o valor do traballo de campo e a súa aproximación ao público novo.

Ademais decidiuse outorgar unha Mención Honorífica ao traballo titulado "Estrategias adaptativas: hipótesis de la alarma contra ladrones", cuxo autor é D. Luís Navarro Etxeberria, por reflectir o traballo dun grupo científico dunha forma clara, concisa e ben enfocada.

* Modalidade de artigos xornalísticos
O Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2010, e o premio dotado con seis mil euros, foi para o traballo titulado "Perelman no estuvo allí", de D. Javier Fresán Leal, aparecido no xornal Público, por achegar as matemáticas aos lectores dunha maneira áxil e elegante a través da figura dun científico que reactivou o interese por esta disciplina.

* Modalidade de sitios web
Concedeuse o Prisma de Bronce ao mellor sitio web de divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, patrocinado pola Revista Mètode, á web "oliba.uoc.edu/adn", presentado por D. Jordi Doménech Casal, por constituír un museo virtual interactivo con moita información ben estruturada dentro da propia web. O proxecto está ben documentado cun bo equilibrio entre texto e imaxe.

Así mesmo, outorgouse unha Mención Honorífica ao sitio web "vexetaciondegalicia.es", presentado por Dna. María Jesús Mourazos González, polo seu carácter didáctico e educativo nunha web amena, con boa navegabilidad e lexibilidade.

* Premio especial do Xurado
Decidiuse outorgar o Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros, a Dna. Margarita Salgas, pola súa traxectoria vital dedicada á investigación e divulgación científica, constituíndo un referente para o fomento de novas vocacións investigadoras.