Un documental sobre a aparición dos primeiros seres humanos europeos, un artigo que relata a controversia que rodeou ao ruso Perelman tras solucionar unha das máis famosas conxecturas matemáticas, e un sitio web que constitúe un museo virtual interactivo obtiveron os Prismas de Bronce na súa XXIV convocatoria.
Margarita Sagas obtivo o Prisma Especial do Xurado, dotado por PharmaMar grupo Zeltia con 9.000 euros.
Cadro de honra, 2011
Mellor traballo audiovisual:
“En busca del primer europeo”, de Televisión Española e Turkana Films
Mellor sitio web:
“Leyendo el libro de la vida”, presentado por Jordi Doménech Casal
Mejor artigo xornalístico:
“Perelman no estuvo allí”, de Javier Fresán Leal, publicado no xornal Público
Prisma Especial do Xurado para Margarita Salas
>> Consulta o veredicto do Xurado
Os premios Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo.
En 2011 concederánse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nestas tres modalidades: audiovisuais, artigos xornalísticos e páxinas web.
Ademais, o xurado outorgará un Prisma Especial a persoas ou institucións que se significaron pola súa contribución á divulgación científica.
As modalidades de audiovisuais e artigos xornalísticos están dotadas cun premio de 6.000 euros. A categoría de páxinas web está dotada cun premio de 4.000 euros, para o que se conta coa colaboración da revista Mètode. O Prisma Especial do Xurado está dotado pola empresa PharmaMar-grupo Zeltia con 9.000 euros.
31 AGO 2011, 12.00 h | Fin do prazo de presentación de candidaturas
12 NOV 2011 | Acto de entrega de premios
DESCARGA
Bases e fichas de participación
(PDF, 240 KB)